O Arenteiro de Marc Vidal derrota ao Lalín xogando en inferioridade desde o minuto 8. Aquí podes ver o VideoResumen do partido.

Un gol de Williams no minuto 90 de partido foi suficiente para derrotar ao Lalín na terceira xornada do campionato de liga na Primeira RFEF, na que os verdes conseguiron o primeiro triunfo da temporada ante un Lalín que viña de gañar nas dúas primeiras xornadas.

E esto a pesar de que o partido poñíase moi en contra dos intereses do Arenteiro aos 8 minutos cando o árbitro expulsou do terreo de xogo a Awulei por dobre cartón amarelo, o primeiro deles moi riguroso na primeira falta do xogador verde e nunha xogada no medio do campo, desequilibrando desta maneira o partido practicamente de inicio.

Un feito o que apenas sacou ventaxa o Lalín, xa que Espiñedo pudo ver un partido moi desputado, o Arenteiro sacou pundonor ante as adversidades e colleitou o seu premio co gol do futbolísta costamarfileño. Nin nos 7 minutos de engadido, como practicamente nos 90 anteriores, o gardameta local Esteban pasou por apuros.

VideoResumen do partido na Televisión de Galicia:

https://www.g24.gal/-/arenteiro-1-0-lalin

Preme no enlace para ver a ficha do partido:

https://www.futgal.es/pnfg/NPcd/NFG_CmpPartido?cod_primaria=1000120&CodActa=1427967&cod_acta=1427967

Compartir en: