O carballiñés Alberte Pagán, un dos activistas da Global Sumud Flotilla, recibido á súa chegada no aeroporto de Santiago entre aplausos e bandeiras de Palestina

Os sete activistas galegos que formaban parte do grupo de 40 españois e que a principios desta semana foran interceptados polo exército de Israel no Mediterráneo, chegaron nesta noite de sábado ao aeroporto de Santiago de Compostela. Foron recibidos entre aplausos, abrazos, e berros a favor de Palestina.

Entre o numeroso público que agardaba, estaban simpatizantes da Global Sumud Flotilla e famiiares do carballiñés Alberte Pagán, que nun principio foi deportado a Estambul, despois de permanecer retido polo exército israelí nunhas condicións de maltrato que motivaron a condena internacional, cando os activistas intentaban romper o bloqueo humanitario sobre a Franxa de Gaza.

.

Compartir en: