O Concello do Carballiño forma parte dos municipios participantes no programa RenÓbrate de formación e emprego en construción, xunto a outros tres concellos galegos
O alcalde en funcións, José Castro-Gil, participou na presentación da iniciativa, impulsada pola Xunta e a Fundación Laboral da Construción en colaboración cos concellos implicados (O Carballiño, Arteixo, Sanxenxo e Santiago de Compostela).
O programa permitirá que un total de 80 persoas desempregadas -20 en cada municipio- poidan formarse e traballar en empresas do sector.


