O Concelleiro de Seguridade Alberto Otero recoñece que o alto número de baixas laborais na Policia Local do Carballiño dificulta o desenvolvemento do servizo.

Ata o 35% dos axentes que ten a plantilla da Policia Local do Carballiño para realizar “traballo de campo” están de baixa laboral, según recoñeceu o responsable de seguridade e emerxencias do concello carballiñés, dun total de 14 axentes que prestan servizo na rúa 5 deles están de baixa médica na única Policia Local da provincia -agás a capital- que presta servizo as 24 horas os 7 dias da semana.

O Concelleiro Alberto Otero recordou que o número de axentes da policia carballiñesa é inferior á ratio para un concello que alcalza xa os 15.000 habitantes, que debería ser contar cunha plantilla entre os 18 e 20 axentes, polo que considera prioritario modificar a RPT e habilitar novas prazas de axentes.

Ademáis, o concelleiro respondeu nesta intervención en COPE O Carballiño ás queixas, suxerencias e comentarios da audiencia desta emisora de radio. Escóitao aquí:

Compartir en: