O concello renova as redes de saneamento e abastecemento en Flores e na rúa Galicia e Avda. do Balneario. Escoita aquí a entrevista ao alcalde en funcións, Pepe Castro-Gil.

O concello do Carballiño financia estas obras a través do contrato da empresa concesioria da xestión do ciclo integral da auga e do PERTE da auga, unha actuación moi necesaria debido a que se trata de tramos da rede que aínda están con tubaxes de fibrocemento que provocaban continuas avarias, tal como acontecía no barrio de Flores, onde xa está a punto de completarse a reforma, que xa está iniciada na rúa Galicia e próximamente faráse en toda a avenida do Balneario.

Ademáis, Pepe Castro-Gil contestou ás preguntas da audiencia de COPE O Carballiño e explicou a reforma das instalacións deportivas da Uceira e a licitación da obra de asfaltados en varias rúas do ámbito urbano. Tamén avanzou que á volta das Festas do Setembro remataráse o microafaltado tamén en varias rúas, aínda pendiente da última capa para completalo.

Escoita aquí a intervención radiofónica do alcalde en funcións:

Compartir en: