O CPI Terras de Maside recolle o Premio do Público no Certame Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española “Cantamos coas mans”

O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, felicitou a todo o alumnado que participou no IX Certame Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española Cantamos coas mans. A Cidade da Cultura de Galicia acolleu a entrega de premios deste concurso, que organiza a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e que hoxe celebrou a entrega de premios na Cidade da Cultura. Entre os centros galardonados estivo o CPI Terras de Maside.

Jacobo Rey destacou o traballo realizado  tanto polo alumnado como polo profesorado, ao tempo que agradeceu a implicación dos centros educativos nesta iniciativa. Ao respecto, apuntou que este tipo de actividades contribúen a impulsar unha sociedade máis accesible e inclusiva na que todas as persoas, con independencia das súas circunstancias, teñan as mesmas oportunidades.

Ademáis do CPI Terras de Maside Premio Especial do Público, recolleu o seus galardón o IES A Sardiñeira (A Coruña) que recibíu o Premio Especial do Xurado. Ademáis, outorgáronse catro Mencións de Honra ao CRA de Ribadumia, ao CEIP de Ardán (Marín), aos CEIP Sagrada Familia (A Coruña) e ao CEIP de Vilaverde–Mourente (Pontevedra).

Compartir en: