O presidente da Xunta participa nos actos da Festa do Pan de Cea, dedicada este ano “ao mar de Galicia”

O Presidente da Xunta Alfonso Rueda acudíu este domingo ao campo da Saleta á celebración da 33 edición da Festa de exaltación do Pan de Cea, declarada de interés turístico de Galicia. O mandatario autonómico felicitou ao concello de San Cristovo de Cea e ás panadeiras e panadeiros de Cea por manter viva unha tradición secular tan representativa da nosa gastronomia e da nosa cultura.

Rueda acompañou no campo da Saleta á Conselleira do Mar, Marta Villaverde, que exerceu como pregoneira nunha edición dedicada este ano “Ao mar de Galicia”, e que incluíu degustacións gratuítas de productos mariñeiros con pan de Cea.

Miles de persoas pasaron durante a fin de semana por San Cristovo de Cea, destacando ademáis da xornada dominical a gran participación na Ruta dos Fornos celebrada o pasado sábado, e nunha edición, a deste ano, marcada polas altas temperaturas.

Compartir en: