Asi o deu a coñecer o Bispo da Diócese de Ourense, José Leonardo Lemos Montanet, coincidindo coa celebración da festividade do patrón do Carballiño, San Cibrán. Concédeselle a igrexas con reliquias importanes ou unha devoción especial, no caso do templo carballiñés coincide este “Ano Xubilar” coa conmemoración da chegada a O Carballiño do Lignum Crucis, fai 125 anos, asi como o 75 aniversario da construcción da Veracruz.
Trátase dun “tempo santo que a Igrexa Católica concede a unha igrexa, neste caso ao templo carballiñés para outorgar a indulxencia plena aos fieis que a visitan e cumpran con algunhas condicións espirituais”, un tempo de peregrinaxe que se complentará cun promama de actividades que se irá dando a coñecer.
En concreto, este Ano Xubilar da Veracruz irá do 31 de outubro deste ano 2026 ao 17 de setembro de 2027.


