O perfil do comprador é moi variable, tal como comentou en COPE O Carballiño Óscar Garriga, promotor inmobiliario que desde Cea canaliza unha gran parte das operacións que compra-venda que se están a levar a cabo en moitas aldeas das comarcas do Carballiño e O Ribeiro.
Familias mozas, nómadas dixitais, xubilados e persoas que apostan pola tranquilidade do rural ante os prezos que non deixan de medrar por un piso en calquera cidade. E nalgunhos casos, comentou Garriga, con operacións ultrarrápidas, nas que vendeu casas a compradores que pecharon a compra sen nin xiquera visitalas previamente.
Escoita aquí a entrevista a Óscar Garriga:


