Os veciños manifestan que había máis de 30 anos que non se tiña coñecemento da presenza do lobo nesta parroquia, próxima á serra da Martiñá, no concello de San Cristovo de Cea.
Nos lugares de Bustelo, Ardesende ou Mosteirón os veciños comprobaron como os lobos atacaron a plena luz do dia, matando varias cabras, ovellas, e mesmo tería atacado a algunha vaca nesta mesma parroquia.
Os gandeiros manifestaron por medio de Eric López a súa preocupación e impotencia por esta problemática en COPE O Carballiño. Escóitao aquí:


