Desenrolado por coroa.es
A partir do próximo dia 11 de decembro Ourense e O Carballiño recuperarán as conexións que Renfe suspendeu no marco da pandemia, según ven de confirmar a operadora ferroviaria. Isto supón a recuperación dos servizos que se ofrecían antes da pandemia entre as estacións de Ourense e O Carballiño, en ambos sentidos para a circulación.
Ainda así, Renfe aclara que a posta en funcionamento destes servizos modificará algúns dos horarios da liña Ourense - O Carballiño - Santiago. Segundo explican nun comunicado informativo, a modificación farase en virtude de "cubrir ao longo do día máis franxas horarias". A conexión entre as estacións de Ourense e O Carballiño pasará así dun a tres trens por sentido de circulación, na liña de ferrocarril convencional Ourense-Santiago.
Os novos horarios entre Ourense e O Carballiño, e viceversa:
-Ourense con destino O Carballiño: 14,30, 16,40 e 21,10 horas
-O Carballiño con destino Ourense: 7,48, 15,00 e 19,56 horas
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/renfe-restablece-os-servizos-entre-o-carballino-e-ourense-suspendidos-dende-pandemia-3-trens
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/renfe-restablece-os-servizos-entre-o-carballino-e-ourense-suspendidos-dende-pandemia-3-trens
[3] whatsapp://send?text=Renfe restablece os servizos entre O Carballiño e Ourense suspendidos dende a pandemia: 3 trens diarios en ambos sentidos a partir do 11 de decembro. Consulta aquí os novos horarios. http://copecarballino.es/novas/renfe-restablece-os-servizos-entre-o-carballino-e-ourense-suspendidos-dende-pandemia-3-trens
[4] https://www.copecarballino.es/print/61561