Prórroga no pacto de cogobernanza entre PSOE e PP no Carballiño: non haberá relevo na alcaldía e o acordo seguirá vixente nas mesmas condicións dos últimos anos “dando estabilidade e facilitando inversións por importe de 30 millons de euros neste mandato”

Asi o anunciaron nunha comparencia conxunta o rexedor municipal Francisco Fumega e alcalde en funcións Pepe Castro-Gil, PSOE e Partido Popular acordan dar continuidade a este pacto de cogobernanza que leva case dous anos vixente no concello carballiñés. Eso si, non haberá relevo na alcaldía a favor do PP, tal como estaba previsto no acordo, unha circustancia que rexeitaban fai unhos dias no seo do grupo municipal e que agora aceptan finalmente os populares.

Francisco Fumega asegurou que unha vez reciba a alta médica e poida reincorporarse a actividade no concello, si facilitaría este relevo, non sendo asi Pepe Castro-Gil continuará exercendo como alcalde en funcións, mesmo ata completar o mandato en 2027.

Ambos mandatarios destacaron “a boa saúde” da que goza este pacto que deu estabilidade ao concello carballiñés, ainda que recoñecendo a súa dificultade confrontación política e sendo como son dous partidos moi distintos no aspécto idelolóxico.

E defenderon que grazas a este acordo de ambas formacións políticas O Carballiño vai alcalzar unha inversión record en obras e proxectos de mellora, que cifraron en 30 millóns euros para este mandato 2023-2027 no municipio

Escoita aquí a comparencia de Francisco Fumega e Pepe Castro-Gil:

Compartir en: