Repasamos a actualidade municipal no concello de Piñor e visitamos “O Peilán”. Escoita aquí o programa especial dos Venres de Verán.

O alcalde de Piñor, José Luis González, fixo neste programa un repaso pola xestión municipal, na que destacou a obra máis importante promovida por este concello en moitos anos, a futura residencia de maiores de Piñor que según as previsións iniciará a súa actividade a principios de 2027, tras unha inversión total que supera os 2 millóns de euros.

Neste mesmo programa, visitamos as novas instalacións promovidas polo propio concello piñorense no lugar de Arenteiro, o novo bar-cafetería restaurante “O Peilán” no que destaca unha terraza con vistas sobre a Madanela, conversamos neste programa co seu xerente Marcos. +

Compartir en: