Ninguén resultou ferido neste autobús que cubría a ruta entre Santiago e Valladolid e que levaba 63 persoas a bordo. Varios conductores que circulaban pola vía decatáronse de que o autobús comezaba a arder pola parte traseira e chamaron decontado ao 112, ata que o conductor do bus detivo a marcha.
A circulación quedou bloqueada desde a tarde deste domingo cando aconteceu o sinistro en sentido Ourense e os axentes da Garda Civil buscaron unha alternativa para o paso de vehículos, mentres que do incendio do autobús, que ardeu por completo, encargáronse os bombeiros do Carballiño, mentres que os bombeiros forestais da Xunta extinguiron un lume que saltara ao monte á beira da autovía.
A pasaxe atopábase ben e agardou a chegada dun novo autobús para seguir ao seu destino. O tráfico quedou restablecido na mañá deste lúns tras a retirada dos restos do autobús.


