Roubo de película no Estanco nº 5, tras empotrar un turismo contra a porta de entrada

Un grupo formado por cinco ou seis persoas, según o testimonio de algunhos veciños, protagonizaron en tempo récord este roubo arredor das dúas da madrugada deste xoves no estanco situado na esquina entre as rúas Julio Rodrúgez Soto e Venezuela, a escasos metros da praza de abastos do Carballiño.

Os ladróns utilizaron dous turismos, un deles foi o que empotraron contra a porta do establecemento e conseguindo asi acceder ao interior, en poucos minutos e con gran rapidez cargaron varias caixas de mercancía nos vehículos, dándose posteriormente á fuga, antes de que chegase a Garda Civil.

Os veciños da contorna escoitaron un golpe e a alarma do estanco e viron como de forma ben coordenada este grupo de persoas coa cara tapada con pasamontañas perpetraba o roubo. Axentes da Policia Científica da Garda Civil recollían esta mañá probas no propio establemento que contribuian a identificar aos autores do roubo.

Non é a primeira vez que o Estanco nº 5 sufre un roubo mediante alunizaxe. Ademáis dase a circustancia que nesta mesma madrugada rexistrouse outro roubo tamén protagonizado por un grupo de ladrós con idéntico modus operandi en Santiago de Compostela, polo que estariamos ante una banda itinerante e moi ben organizada.

Compartir en: