Turismo de Autoescola: mozos de Cataluña, Madrid ou Valencia desprázanse ata O Carballiño para a obtención do carnet de conducir

As prolongadas listas de espera para o examen practico do carnet de conducir, que pode ser de máis de seis meses en Cataluña, tres en Madrid, e unha situación crítica en Valencia con 45.000 alumnos en lista de espera, está traendo a O Carballiño a numerosos mozos que chegan para realizar as prácticas e o exámen de obtención do permiso de conducir.

Permanecen no Carballiño unha media entre dúas e tres semanas, e regresan aos seus puntos de orixe unha vez que obteñen o seu carnet de conducir, único motivo que os trae ata O Carballiño, moitos deles sendo a primeira vez que visitan Galicia.

Jose, alumno de Autoescola LTES, nin xiquera sabía da existencia de O Carballiño, e decidíu vir sacar o carnet de conducir despóis de que outros mozos de Girona falánsenlle da súa positiva experiencia no Carballiño, declarándose encantado de ter feito esta elección.

Escoita aquí a entrevista de Xan Pinal a Jose e a directora da Autoescola LTES, Teresa López:

Compartir en: