Unha muller en estado grave tras precipitarse dende un 3º piso na rúa Curros Enríquez. A Garda Civil detivo a un home tras o suceso.

Foi un testigo o que alertou do sucedido na madrugada deste martes e despois de precipitarse a muller sobre a rúa dende un terceiro piso na rúa Curros Enríquez do Carballiño.

A vítima foi atendida por Urxencias Sanitarias e trasladada en ambulancia ata o Complexo Hospitarario de Ourense, onde ingresou en estado grave. Tamén acudiron ata o lugar patrullas da Garda Civil e Policia Local.

A Garda Civil investiga as circustancias que motivaron este suceso, de momento sábese que procedeu a detención dun home, que sería a parella desta muller.

Compartir en: