Unha persoa tivo que ser rescatada cando aboiaba no río Arenteiro na zona do parque

O suceso aconteceu arredor das 1:00 horas desta madrugada de lúns na zona do parque municpal do Carballiño preto do lugar onde se estaba a celebrar a festa da xuventude, ao carón do río. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, unha persoa caera á auga e atopábase aboiado cando foi visto por un particular.

Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Carballiño, á Garda Civil, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Protección Civil do Carballiño.

A dotación de bombeiros e os axentes da Policía Local colaboraron para rescatar á vítima. Logo de que fose sacada da auga, consciente, foi atendida e trasladada polo persoal sanitario. Estaba consciente cando esta persoa foi rescatada da auga. A Garda Civil investiga as causas que rodean a este suceso.

Compartir en: