O alcalde do Partido Popular no concello de San Cristovo de Cea, José Luis Valladares, optará a un novo mandato e e revalidar o seu cargo de alcalde, un cargo que obstenta desde o ano 1991, cando se presentou por vez primeira baixo as siglas de Centristas de Galicia, e xa desde o ano 1995 encabezando a candidatura do Partido Popular, e revalidando sempre o cargo con maioria absoluta en todas as convocatorias.
Polo tanto, o rexedor suma xa 35 anos cumplidos como titular da alcaldía de San Cristovo de Cea, sendo un dos alcaldes máis veteranos a nivel da comarca e provincia. En declaracións a esta emisora de radio, Valladares confirmou que xa consensuou a súa candidatura co grupo municipal do Partido Popular “coa idea de que poida rematar proxectos xa iniciados e de tanta relevancia para o municipio como é o poligono industrial, no que logo terémos unha noticia que vai ser un auténtico bombazo informativo”, remarcou.


