Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > A páxina Web do Concello do Carballiño atacada por hackers musulmáns

10, Decembro 2009 [1] [2] [3] [4]

Hoxe quixen facer unha consulta na páxina web do concello do Carballiño e 
pasmado e coa boca aberta me quedei cando ó entrar na devandita páxina do 
concello me atopo que esta páxina foi pirateada por hackers musulmans quenes 
tiveron a desfachatez de modificar a páxina web do concello poñendo unha 
foto dunha mezquita turca así como varios textos en inglés: un co nome dos 
piratas informáticos que hackearon a páxina web do concello do carballiño, 
un texto que sinalaba que pirateaban polo Islam e por Turquía e por último 
e para colmo puxeron na pirateada páxina web do concello un E-Mail de 
contacto para contactar con eles e a dirección dunha páxina web turca que 
acolle varios foros de debate. Eu non sei dende cando hackearon estes piratas 
informáticos a páxina web do concello, se dende esta institución municipal 
se presentou a pertinente denuncia na Garda Civil e sobre todo se pensan 
dende o consistorio carballiñés arranxar a súa páxina web e tomar medidas 
para evitar novos ataques de hackers. Respondan señores Montes e Amil.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/denunciacidada/p%C3%A1xina-web-do-concello-do-carballi%C3%B1o-atacada-por-hackers-musulm%C3%A1ns

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/páxina-web-do-concello-do-carballiño-atacada-por-hackers-musulmáns [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/páxina-web-do-concello-do-carballiño-atacada-por-hackers-musulmáns [3] whatsapp://send?text=A páxina Web do Concello do Carballiño atacada por hackers musulmáns http://copecarballino.es/denunciacidada/páxina-web-do-concello-do-carballiño-atacada-por-hackers-musulmáns [4] http://www.copecarballino.es/print/41353