Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > O valiosísimo Alcalde de Cenlle

1, Febreiro 2010 [1] [2] [3] [4]

Querido Xan Pinal, falando con un vello conocido souben da existencia da túa páxina para contar públicamente os problemas dos veciños que coma min, vivimos en pobos pequenos e falar alto ¡é pecado!.Direiche que vivo no concello de Cenlle, un concello do rural, pequeno, pero  eso si, con pobos de Primeira Categoria e con "outros pobos"........No caso meu, vivo "nos outros pobos", pois ben o caso que che quero contar ten de 
protagonista a Don Asfalto (ese ben caprichoso que soamente é de calidade nos pobos de Primeira Categoria do concello de Cenlle), non sabemos moi ben por qué pero Don Asfalto nunca quere chegar "os outros pobos" do  Concello..........., e cando chega (cada vez que hai eleccións), é mais ben pouco, non vaias pensar que cubre a carretera, non,non, ........, soamente cae nos buratos o condenado e non en todos (non vaia ser que quede pouco presuposto para os pobos de Primeira Categoria, igual queda algún burato detrás do balado dalgún amigo e derrama o calzado). Bueno, queria sin mais pedirche que lle deas as gracias persoalmente a Don MANOLO  e a súa corte polo terrible esforzo que fai polos "outros pobos" e as suas carreteras, pero 
dille que cando vaia pedir o voto que teña coidao cos buratos, o seu coche merece ser coidado, os nosos dan igual, para eso o noso imposto de circulación, é dirno de un pobo de categoria, e aproveita tamén para 
decirlle que non me tome moito en conta porque aunque "os outros pobos" , todos pensan coma min, ningún fala, máis que nada pola revancha do  ZORRO.....

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/denunciacidada/o-valios%C3%ADsimo-alcalde-de-cenlle

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-valiosísimo-alcalde-de-cenlle [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/o-valiosísimo-alcalde-de-cenlle [3] whatsapp://send?text=O valiosísimo Alcalde de Cenlle http://copecarballino.es/denunciacidada/o-valiosísimo-alcalde-de-cenlle [4] http://www.copecarballino.es/print/41375