Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Basta de dar leccións

7, Abril 2010 [1] [2] [3] [4]

Leo no xornal "La Región", de 6 de abril, que 35 veciños do Carballiño fixeron o Camiño de Santiago, e elixiron o "Camiño Francés". Tamén leo que a concelleira de cultura do Carballiño Asuncion Rivero, mostra o seu 
malestar polo estado que se atopan os pavillóns do dito camiño, "sen cristais nas ventás, e mesmo non tiñan auga quente nin calefacción". Que eu saiba é moi mala educacion falar mal de outros concellos de Galicia, 
dicindo que non teñen isto e que non teñen o outro. Non sei que pensaran os rexedores de O Cebreiro; Triacastela, Sarria, Portomarín, Mondoñedo, Palas de Rei e a Arzúa, pero non debe ser nada bó. Porque O Carballiño, sen tantos peregrinos os edificios públicos deixan bastante que falar, pero claro vese a palla no ollo alleo e non se vé a viga no propio. Eles ofrecen o que teñen, e que eu saiba cando alguén dá o que ten non está obrigado a máis. E de que os peregrinos se levan unha mala imaxe de Galicia é unha 
opinion "particular" de vostede porque aínda onte mesmo ás 7 da mañá atopeime con un que viña desde Sevilla pola vía da Prata, e faloume marabillas da xente de Galicia. Cando alguén empeza o camiño de Santiago é 
por unha razón moi concreta, distinta do seu compañeiro de viaxe, pero dá  por bós os sacrificios que ten que soportar. Ás veces hai que ser practicos na vida e tanta comodidade xa farta. Seguramente a vostede lle terá pasado  coma a min, que un ánaco de pan é o manxar máis rico da terra, pero para  elo hai que ter fame.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/denunciacidada/basta-de-dar-lecci%C3%B3ns

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/basta-de-dar-leccións [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/basta-de-dar-leccións [3] whatsapp://send?text=Basta de dar leccións http://copecarballino.es/denunciacidada/basta-de-dar-leccións [4] http://www.copecarballino.es/print/41398