Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Un Concello sen Alcalde

25, Abril 2010 [1] [2] [3] [4]

Esta é a sensación que temos os veciños de Piñor. Antes a moitos molestábanos que nos chamasen Piñor de Cea, pero como continúe moito tempo esta personaxe de "alcalde" o que teremos e que fusionarnos cos de Cea. Ao tanatorio hai que ir a Cea, ao fútbol hai que ir a Cea, ao pavillón hai que ir a Cea, ás piscinas hai que ir a Cea, as empresas están en Piñor pero o polígono estase facendo en Cea, en fín, non sigo que me abergoño a min mesmo. E por enriba o Sr. Fraga custanos 1500€ ó mes, un escándalo.Por se non chegaba co que tiñamos agora rouban 11000€, e o alcalde di no pleno que non sabía que tiñan tal cantidade na caixa. Eu son da opinión do  Concelleiro do BNG, o Sr. Saco, estes cartos hai que devolvelos. Se non  aparecen como o responsable do que pasa no concello é o alcalde, que para iso cobra, que os devolva él, iso sí, en cómodos prazos.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/denunciacidada/un-concello-sen-alcalde

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/un-concello-sen-alcalde [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/un-concello-sen-alcalde [3] whatsapp://send?text=Un Concello sen Alcalde http://copecarballino.es/denunciacidada/un-concello-sen-alcalde [4] http://www.copecarballino.es/print/41403