Desenrolado por coroa.es
Nestos días un emisario enviado polo señor alcalde de Piñor o socialista
Francisco Fraga, visita varias vivendas co fin de comprobar "IN SITU" si
teñen alí a súa residencia as persoas que coma min solicitamos a alta no
padrón de Piñor.Todo isto ven a conto do empadroamento para os próximos
comicios municipais do mes de Maio; por tal motivo quero lembrarlles as
autoridades que hai catro anos polos mesmos feitos en pobos coma
Villeriño,Casfigueiro, Cotelas...e outros do mesmo término municipal de
Piñor non tiveron escrúpulos para empadroar a xente foránea que nunca
viviu nin vive neste concello.Feitos que se poden demostrar e que eles se
aproveitaron para conseguir votos para o seu partido.Chegado este punto non
entendo a actitude do Sr. alcalde, para él nos anteriores comicios era
normal empadroar a foráneos que lle votaban e nos días que corren actua
como se pertenecese a GESTAPO perseguindo os que queremos empadroarnos tendo
dereito a elo.Acosandonos nas nosas casas día si e día tamén para
comprobar que vivimos alí.
Francisco recomendaríalle que fose un pouquiño inteligente e que deixe de
meterse cos que non pertencen a súa secta.Usted verá o que fai isto é só
o comenzo dunha guerra que vostede mesmo acaba de desencadear.
Coido que de non cambiar as cousas imonos ver nos xulgados.Boas noites.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/solicitude-de-empadronamento-no-concello-de-piñor
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/solicitude-de-empadronamento-no-concello-de-piñor
[3] whatsapp://send?text=Solicitude de empadronamento no Concello de Piñor http://copecarballino.es/denunciacidada/solicitude-de-empadronamento-no-concello-de-piñor
[4] http://www.copecarballino.es/print/41472