Copecarballiño.es
Publicado en Copecarballiño.es (http://www.copecarballino.es)

Inicio > Bens de interese cultural

2, Novembro 2012 [1] [2] [3] [4]

A vila do Carballiño presume, con razón, de ter unha das xoias da 
arquitectura relixiosa galega, a Veracruz, declarada hai xa algúns anos Ben 
de Interese Cultural.
A declaración de BIC pode ser promovida por particulares, pero é de lóxica 
que os nosos representantes políticos teñan que preocuparse, entre outras 
cousas, á salvagarda dos bens patrimoniais que nos foron legados polas 
xeracións pasadas, para garantir a súa conservación e a súa difusión. 
Non esquezamos que os bens patrimoniais non son só para contemplar. Poden 
axudarnos a comprender moitos aspectos do pasado, a coñecernos máis a nós 
mesmos como colectividade e... o máis importante, a promocionar a nosa zona 
para atraer a atención de visitantes e viaxeiros que, á larga, poderán 
repercutir na nosa tan precaria economía.
Acabo de ter acceso a un documento, existente na rede que me fixo reflexionar 
moito. Resulta que no concello do Carballiño só hai un BIC, a Veracruz. 
Esquecémonos das irrepetibles pinturas de Banga, do Mosteiro de Lobás, do 
castro inmediato de Mosteiro... Son bens patrimoniais que merecen a nosa 
atención, tanta, máis se cabe, pola súa antigüedade e importancia 
histórica, que a Igrexa da Veracruz.
Tamén e curioso que, na comarca, só apareza o Mosteiro de Oseira. A 
sociedade galega gastou millóns (millóns!) de euros nun monte de San Cibrao 
das Las, para facer non sei que dun edificio que aínda non sabemos para que 
o van a destinar (aparte de ser unha "locomotora" da comarca, segundo 
manifestaba repetidamente algún político), nin sabemos cando van a abrilo. 
O caso é que o castro, compartido entre os concellos de Punxín e do San 
Amaro, aínda non e BIC. Cando menos é abraiante que un dos castros máis 
grandes de Galicia non teña este recoñecemento. Máis atención para os 
nosos bens culturais, por favor.

Desenrolado por coroa.es


URL fonte:http://www.copecarballino.es/denunciacidada/bens-de-interese-cultural

Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/bens-de-interese-cultural [2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/bens-de-interese-cultural [3] whatsapp://send?text=Bens de interese cultural http://copecarballino.es/denunciacidada/bens-de-interese-cultural [4] http://www.copecarballino.es/print/41641