Desenrolado por coroa.es
DENDE AS ASOCIACIÓNS CULTURAIS,”DONORTE”,”8NOTAS”, “AVANTAR”, E
DENDE O CASINO RECREATIVO DO CARBALLIÑO,QUEREMOS MANIFESTAR QUE NOS PARECE
UN AUTÉNTICO DESPROPÓSITO E UN MENOSPRECIO AO NOSO TRABALLO POLO FOMENTO DA
CULTURA NA VILA, AS BASES E CONVOCATORIA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A
ENTIDADES E PROGRAMAS CULTURAIS, PUBLICADO POLO CONCELLO DO CARBALLIÑO .SÓ
ASÍ SE PODE EXPLICAR QUE DITAS BASES E CONVOCATORIA, SE PUBLIQUEN E SE DEN A
COÑECER ÁS ASOCIACIÓNS O 9 DE NOVEMBRO, A FALTA DE ESCASOS 20 DÍAS PARA A
FINALIZACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DAS ACTIVIDADES, E CUN PRAZO DE 10 DÍAS
PARA A SÚA PRESENTACIÓN, QUEDANDO ADEMAIS EXCLUÍDAS AQUELAS ENTIDADES
CULTURAIS QUE OBTEÑAN INGRESOS EN CONCEPTO E COTA DOS SEUS ASOCIADOS,
SUPERIOR A 80 EUROS, DE RISA. PARECERÍA LÓXICO, XA QUE ESTE ANO SE LLE FIXO
DE NOITE AO GRUPO DE GOBERNO PARA A SÚA CONVOCATORIA, QUE ESTA FOSE PARA
PROGRAMAS A REALIZAR NO VINDEIRO 2013, E CUN PRAZO DE PRESENTACIÓN MEIRANDE.
APRECIAMOS UNHA CLARA INTENCIÓN DE POÑERNOS MOI DIFICIL ÁS ASOCIACIONS A
REALIZACIÓN DE PROGRAMAS, NOS QUE POIDAMOS CONTAR COA AXUDA ECONÓMICA DO
NOSO CONCELLO, E GUSTARIANOS QUE SE NOS DERA A COÑECER O DESTINO DA PARTIDA
DE 16.000 EUROS DESTINADOS A DITAS AXUDAS. A CONTINUACIÓN DETALLAMOS
PORMENORIZADAMENTE OS PUNTOS DAS BASES NOS QUE AO NOSO MODO DE VER, INCORREN
EN GRAVES INCONGRUENCIAS: Punto Segundo: Beneficiarios 2. "Que a actividade
se desenvolva no termo municipal", esto excluiría ás actuacións musicais
ou escénicas, aínda que en apartados posteriores se recollen. É unha
incongruencia. 3. As asociaciòns que non xustifiquen os gastos que estén
obrigadas a devolver o asignado. De non facelo que se tomen as medidas
administrativas oportunas. Temos que devolver cartos que aínda non están
asignados? Se os proxectos foron executados non foi gracias aos cartos
asignados polo Concello a escasos 20 días de que finalice a convocatoria. 4.
Exclusión das entidades que teñan unha cuota de socio anual a 80€. Que se
explique o motivo de tal exclusión, pois canto maior é a cuota, máis
actividades culturais se poden levar a cabo, outra incongruencia. Punto
Terceiro: Obrigas dos beneficiarios a) Proxecto realizado do 1 de xaneiro
deste ano ó 30 de novembro. Sácase a convocatoria a falta de 20 días do
remate. ¿Por qué non se sacaron antes? b) A comprobación pode ser en
moitos casos de difícil verificación ao ter pasado tanto tempo. g)
Publicidade co logotipo do Concello; ¿cómo se vai publicitar unha
actividade sin saber si o Concello a vai subvencionar aínda? Outra
incongruencia. Punto Cuarto: Actividades ou Proxectos obxecto de subvención
c) Indica que se cubren os gastos de viaxe en actuacións nas que se
represente ao Concello do Carballiño e en distancias superiores a 100km.É
Unha condición restrictiva da actividade cultural, pois non todas as
agrupacións acuden ou actúan en representación do Concello; máxime se
temos en conta que se trata de proxectos ejecutados antes de saír a
convocatoria. Punto Quinto: Presentación de solicitudes 1. O prazo de 10
días "naturais" é mínimo para poder acadar toda a documetnación con
comodidade e presentar un proxecto como é debido. Outra vez as presas e o
límite de plazo son outro inconvinte en lugar de favorecer a presentación
por parte das entidades. 2. Que a documentación sexa compulsada é un coste
tamén innecesario, pois pódese reclamar a presentación dos orixinais e
unha vez finalizado o procedemento devolvelos, baixo a responsabilidade do
persoal de Cultura, asinando unha recepción e entrega da mesma. Punto sexto:
Crédito A reducción do crédito en 630€, xunto coas restriccións arriba
indicadas cremos que vai dirixido a búsqueda de non concesión de tanta
subvención como outros anos en lugar dun fomento obxectivo e necesario da
Cultura e participación cidadá nestas actividades. Máis aínda cando, por
exemplo para unha única entidade como pode ser o C.D. Arenteiro xa se asigna
unha partida superior aos 18000€. Punto Séptimo: Valoración A valoración
que se establece é completamente subxectiva dunha comisión que vistas estas
bases non ten un coñecemento real da situación das asociacións locais;
suxerimos que no futuro se teñan en conta criterios como o nº de socios que
compoñen unha asociación, os ingresos e gastos correntes do ano anterior ao
subvencionable, presuposto destinado ás actividades socioculturais...e
outras que se crean oportunas desde outras asociacións.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/axudas-cultura
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/axudas-cultura
[3] whatsapp://send?text=As axudas á cultura http://copecarballino.es/denunciacidada/axudas-cultura
[4] http://www.copecarballino.es/print/41649