Desenrolado por coroa.es
É frecuente atopar na Praza da Mina, un montón de excremeto, deposición,
defecación, caca... que pola súa configuración física parece de
procedencia canina e que soe repetirse con frecuencia case diaria. É curioso
que, a diferencia da maioría deste tipo de animais, que soen facer estas
obras en esquinas, o resultado do proceso biolóxico instálase no medio e
medio da praza. Non vou pedir unha investigación do Concello ante tan magna
falta de respecto e exposición da pésima educación dos coidadores do can
ou cadela. Máis ben quero esixir unha resposta cidadá contundente ante iste
tipo de grandes maleducados, para poder desenmascaralos e deixalos en
evidencia.
As chaquetiñas quédanlle moi ben ós canciños, pero tamén sería
importante que, na mesma tenda onde as mercan solicitasen o material adecuado
para que o resto dos cidadáns non teñamos que pisar nin sufrir os
resultados dos procesos dixestivos caninos.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/praza-da-mina
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/denunciacidada/praza-da-mina
[3] whatsapp://send?text=Praza da mina http://copecarballino.es/denunciacidada/praza-da-mina
[4] http://www.copecarballino.es/print/41653