Desenrolado por coroa.es
O proxecto de urbanización do entorno da Veracruz axustase o plaeamento urbanístico vixente no Concello do Carballiño, alomenos esto é o que se recolle nunha contestación remitida ó Concello Carballiñés polo Director Xeral de ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta de Galicia. O escrito de contestación tén data de emisión o pasado 17 deste mes de abril, o derradeiro día en funcións da Xunta do bipartito. O punto discrepante entre o Goberno Municipal e o Partido popular refírese o ancho do vial de nova apertura que deberá comunicar a praza de San Ramón e a rúa Evairsto Vaamonde. No proxecto deseñado polo Concello este vial reducese a once metros de ancho, mentres que para o partido popular debería ser de 16 metros de ancho, tal como se recolle no Plan xeral de Ordenación Municipal. Sen embargo, entende o redactor deste informe da administración autonómica que unha modificación puntual do ano 2002 acordada para regular a contorna da Veracruz, recolle esa posibilidade, polo que se deduce que o proxecto presentado polo Concello do Carballiño axústase a legalidade urbanística vixente. O Alcalde, Carlos Montes, que deu a coñecer este infome, manifestou que atrás queda desta maneira "unha historia máis para non dormir do voceiro do partido popular", e adiantou que proximamente a Xunta de Goberno procederá a aprobación definitiva do proxecto.
Lo siento tu navegador necesita flash para ver este contenido
Declaracións alcalde de O Carballiño, Carlos Montes
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcade-do-carballino-asegura-que-o-proxecto-de-urbanizacion-da-veracruz-axustase-legalidade
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-alcade-do-carballino-asegura-que-o-proxecto-de-urbanizacion-da-veracruz-axustase-legalidade
[3] whatsapp://send?text=O Alcade do Carballiño asegura que o proxecto de urbanización da Veracruz axustase a legalidade urbanística http://copecarballino.es/novas/o-alcade-do-carballino-asegura-que-o-proxecto-de-urbanizacion-da-veracruz-axustase-legalidade
[4] http://www.copecarballino.es/print/42101