Desenrolado por coroa.es
O Partido Popular volveu posicionarse en contra de novos acordos intermunicipais por parte do Concello de Maside, para xestionar distintos servizos que antes se levaban a cabo a través da Mancomunidade de Concellos do Carballiño, na que causou baixa o Concello Masidao. Co voto en contra dos populares, o pleno -onde o psoe tén maioria- aprobou os convenios de cooperación entre os Concellos de Maside e Punxín, para xestionar a recollida do lixo e os servizos sociais. Sí houbo unanimidade para a desafectación dun sendeiro público para unha operación de permuta cun veciño, na capitalidade muncipal. E tamén se aprobou, coa abstención do pp, dar o nome de Alfonso Róo Gil a unha praza, no centro da localidade de Dacón, da que era veciño atá o seu falecemento o ano pasado despois de sufrir un accidente laboral, recoñecendose asi a traxectoria publica de quen durante 16 anos foi concelleiro da Corporación de Maside e ún dos promotores de actividades como o antroido ou o belén viviente de Dacón, organizadas desde a asociación de veciños daconense. O Partido popular abstivose nesta proposta, xa que según explicou o seu portavoz, Casimiro Campo, no mes de outubro do ano pasado xa presentara a súa propia proposta, que consistía na adquisición da carballeira da Garrida e darlle a esta paraxe o nome de Alfonso Róo Gil.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/corporación-de-maside-aprobou-convenios-con-punxín-para-xestionar-servizos-sociais-e-recollida
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/corporación-de-maside-aprobou-convenios-con-punxín-para-xestionar-servizos-sociais-e-recollida
[3] whatsapp://send?text=A Corporación de Maside aprobou convenios con Punxín para xestionar Servizos Sociais e a recollida do lixo http://copecarballino.es/novas/corporación-de-maside-aprobou-convenios-con-punxín-para-xestionar-servizos-sociais-e-recollida
[4] http://www.copecarballino.es/print/42136