Desenrolado por coroa.es
Polo mesmo motivo, a colocación dunha pancarta fronte a casa do Concello do Carballiño, a Policia Local do Carballiño
tamén denunciou o Concelleiro do Bng Bernardo García, e do mesmo xeito que a Julio Fernández, o portavoz de "matar por matar non", a Subdelegación do Goberno tamén iniciou expediente sancionador contra o Concelleiro carballiñés, cunha proposta de multa de 60 euros. García manifestou quu "toda esta histoira é un esperpento, xa é ben ridículo que unha manifestación de dúas persoas e unha pancarta de catro metros alteren o orden público", polo que detecta "un claro transfondo político" na actuación da Subdelegación. Tamén recordou o Concelleiro do Bng que as preguntas formuladas á comisión informativa da canceira aínda están sen contestar por parte dos responsalbes muncipais, e polo tanto seguen sen aclararse todas as irregularidades que se deron no funcionamento destas intalacións municipais da Medela.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-local-tamen-denunciou-o-concelleiro-do-bng-bernardo-garcia-pola-colocacion-dunha
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/policia-local-tamen-denunciou-o-concelleiro-do-bng-bernardo-garcia-pola-colocacion-dunha
[3] whatsapp://send?text=A Policia Local tamén denunciou o Concelleiro do Bng Bernardo García pola colocación dunha pancarta http://copecarballino.es/novas/policia-local-tamen-denunciou-o-concelleiro-do-bng-bernardo-garcia-pola-colocacion-dunha
[4] http://www.copecarballino.es/print/42190