Desenrolado por coroa.es
As primeiras chuvias intensas do outono, as da pasada semana, causaron considerables estragos en varios treitos do paseo do río Arenteiro, inaugurado fai apenas seis meses. O lamentable estado no que quedou o camiño pode verse en varios lugares, como acontece na zona do Cornuval, no Cuco o nas inmediacións da pasarela metálica, ónde se produciron os danos maiores. A deficitaria recollida das augas pluviais nestas zonas provocou o arrastre de terra nunhos casos, e unha desfeita do camiño noutros, debido a gran cantidade de auga que tivo que soportar nestas zonas de desnivel, nas que non se contemplou debidamente esta circunstancia cando se executou a obra. Ademáis, cando se presentara inicialmente o proxecto, anunciárase que o camiño levaría zahorra, pero finalmente fíxose tan só a base de terra, de maneira que en dias de chuvia o firme ablándase e provoca bastante lama. Mentres, dias atrás iniciaronse as obras de construcción do tramo que restaba para completar este novo paseo do Arenteiro, o que vai desde a ponte de Toscaña atá a antiga depuradora, dunhos 300 mentros de lonxitude. Inicialmente, este treito estaba considerado como refuxio de fauna e no mesmo non estaba previsto actúar, aínda que tras as alegacións presentatadas tanto por veciños da zona como polo Concello Carballiñés, a Confederación Hidrográfica reconsiderou a súa postura e autorizou esta actuación que financia a Consellería de Medio Ambiente. A diferencia do resto do paseo, neste traxecto o camiño faráse a base dunha pasarela de madeira co fin de evitar os humedais existentes nesta zona. Unha vez rematada esta derradeira fase do proxecto, que inclue ademáis unha pasarela peonil sobre o río á altura da piscifactoria, completaráse este paseo perimetral sobre o río Arenteiro, dun percorrido arredor dos seis kilómetros polas dúas beiras.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/deficiencias-na-execución-do-proxecto-provocan-os-primeiros-estragos-no-paseo-do-arenteiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/deficiencias-na-execución-do-proxecto-provocan-os-primeiros-estragos-no-paseo-do-arenteiro
[3] whatsapp://send?text=As deficiencias na execución do proxecto provocan os primeiros estragos no paseo do Arenteiro http://copecarballino.es/novas/deficiencias-na-execución-do-proxecto-provocan-os-primeiros-estragos-no-paseo-do-arenteiro
[4] http://www.copecarballino.es/print/42313