Desenrolado por coroa.es
Os feitos ocurriron minutos despois das sete da tarde na beirarrúa de Conde Vallellano nas inmediacións coa rúa Aldara e nunha liorta na que se viron involucradas varias persoas, unha delas sufríu varias feridas na espalda producidas por arma branca, ó parecer un coitelo, e unha segunda resultou con contusións en varias parte do corpo trala refrega, que provocou escenas de pánico entre os moitos transeúntes que a esa hora pasaban pola rúa Conde Vallellano. A persoa que foi obxeto do apuñalamento é un home veciño do lugar de Outeiro Grande, no Concello de Maside, sufríu polo menos catro incisións na espalda, perdendo abundante sangue atá que foi trasladado para recibir asistencia sanitaria, e atópase fora de perigo. A segunda persoa ferida é veciña do Carballiño. Na refrega participaron alomenos outros dous homes, ambos de nacionalidade colombiana e residentes no Carballiño, membros dunha mesma familia, tío e sobriño, éste último foi detido pola Garda Civil como o presunto autor material do apuñalamento. Policia Local e Garda Civil iniciaron as pescudas para aclarar os feitos, non descartandose que poidan estar involucradas máis persoas na pelexa, que parece ser tivo a súa orixe en problemas personais entre os contendentes no altercado.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/duas-persoas-feridas-unha-delas-apuñalada-na-espalda-nunha-pelexa-na-rúa-conde-vallellano
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/duas-persoas-feridas-unha-delas-apuñalada-na-espalda-nunha-pelexa-na-rúa-conde-vallellano
[3] whatsapp://send?text=Duas persoas feridas, unha delas apuñalada na espalda, nunha pelexa na rúa Conde Vallellano http://copecarballino.es/novas/duas-persoas-feridas-unha-delas-apuñalada-na-espalda-nunha-pelexa-na-rúa-conde-vallellano
[4] http://www.copecarballino.es/print/42318