Desenrolado por coroa.es
Unhas sorríntes Asunción Rivero e Aúrea Francisco protagonizaron esta mañá ún dos traspasos de competencias que se viviron nos distintos departamentos muncipais, tras facerse efectivo o decreto da Alcaldia dando conta da delegación de competencias das distintas concellerias que forman a nova estructura do equipo de goberno do Concello do Carballiño, desde hoxe integrado por socialistas e nacionalistas. Asunción Rivero deixou o seu lugar en Servizos Sociais, que pasou a ocupar Aúrea Francisco, ademáis de sorrisos, simbolizaron o traspaso cun dossier informativo. Os outros novos inquilinos do Goberno Municipal tamén tomaron posesión dos seus cargos, aínda que non houbo instantáneas tan mediáticas, polo menos tan sorrintes, en obras e urbanismo Edelmiro Mateo cedeu o seu despacho a Manuel Amil, e Maria José Pérez fixo o propio con Bernardo García. Máis familiares foron os cámbeos dentro das áreas que se intercambean os socialistas, como o protagonizado por Inmaculada Ucha, que tras presentar a programación do Outono Teatral, cedeu o cargo a Asunción Rivero. O vindeiro xoves dia 5, celebraráse o pleno da Corporación Municpal ó que se dará conta do decreto da Alcaldia coa nova estructura que desde hoxe tén o goberno municipal do Carballiño, formado xa por PSOE e BNG.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/xornada-de-mudanzas-no-concello-do-carballiño-tomou-posesión-o-novo-goberno-muncipal
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/xornada-de-mudanzas-no-concello-do-carballiño-tomou-posesión-o-novo-goberno-muncipal
[3] whatsapp://send?text=Xornada de mudanzas no Concello do Carballiño: tomou posesión o novo goberno muncipal http://copecarballino.es/novas/xornada-de-mudanzas-no-concello-do-carballiño-tomou-posesión-o-novo-goberno-muncipal
[4] http://www.copecarballino.es/print/42337