Desenrolado por coroa.es
Unha empresa con domicilio social en Salamanca ven de solicitar un dereito de investigación en montes do Concello de Avión, nunha zona próxima ás localidades de Couso e Rubillón, con vistas á posible explotación mineira de estaño e wolframio. Un acordo do departamento territorial de Ourense da Consellería de Economia de Industria somete a información pública a petición de dereito mineiro a favor da empresa "Salamanca Ingenieros S.A.". O prazo de exposición pública é de trinta dias, e durante este periodo todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poden examinar o expediente e mesmo presentar as posibles alegacións no mesmo departamento territorial da Consellería de Industria. A actividade mineira, arredor da extracción de estaño e wolframio, non é nova na nosa Comarca, xa que este recurso mineiro xa se aproveitou no monte do Marcofán, en Beariz, ou no Testeiro, na zona que corresponde ó Concello do Irixo, onde a actividade mineira mantivose atá finais dos anos sesenta e incluso principios dos setenta do século pasado. Nalgunhas localidades como Cebral, Froufe ou Subirol, deu ocupación laboral á practica totalidade dos veciños da época, sobre todo durante os anos da segunda guerra mundial, cando o wolframio foi considerado como un material estratéxico. Agora, 40 anos despois, unha empresa volve interesarse polos seus dereitos mineiros, e desta vez no Concello de Avión.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/extracción-de-estaño-e-wolframio-volve-espertar-o-interese-mineiro-na-comarca
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/extracción-de-estaño-e-wolframio-volve-espertar-o-interese-mineiro-na-comarca
[3] whatsapp://send?text=A extracción de estaño e wolframio volve espertar o interese mineiro na Comarca http://copecarballino.es/novas/extracción-de-estaño-e-wolframio-volve-espertar-o-interese-mineiro-na-comarca
[4] http://www.copecarballino.es/print/42408