Desenrolado por coroa.es
O grupo municipal do Partido Popular presentará polo trámite de urxencia unha moción no pleno da Corporación Carballiñesa a celebrarse este xoves dia 13 de maio, na que demandará un acordo plenario para instar á Xunta de Galicia a que modifique o proxecto que está executandose no entorno da Veracruz, e máis concretamente que se proceda á retirada do muro de contención e se busque outra solución técnica máis axeitada co entorno, tal como se ven pedindo nos últimos meses por parte da maioria da sociedade carballiñesa, tanto por parte de colectivos e asociacións, como veciños a título persoal. O Partido Popular quere que no transcurso do pleno os grupos políticos municipais se posicionen claramente sobre esta petición, e o posterior acordo sexa comunicado de inmediato á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, solicitandolle que se rectifique ese aspécto concreto da obra.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-solicitara-o-acordo-do-pleno-municipal-para-instar-conselleria-que-retire-o
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-partido-popular-solicitara-o-acordo-do-pleno-municipal-para-instar-conselleria-que-retire-o
[3] whatsapp://send?text=O Partido Popular solicitará o acordo do Pleno Municipal para instar á Consellería a que retire o muro da Veracruz http://copecarballino.es/novas/o-partido-popular-solicitara-o-acordo-do-pleno-municipal-para-instar-conselleria-que-retire-o
[4] http://www.copecarballino.es/print/42495