Desenrolado por coroa.es
Antes, o Partido Popular trouxo á Conselleira de Sanidade Pilar Farjas, á que presentou o proxecto de construcción dun novo centro sanitario no Carballiño, ubicaríase no solar que deixaría libre a estación de autobuses, ésta sería trasladada a estación de Renfe, ónde se concentrarían os servizos de transportes de viaxeiros, un dos proxectos estrela do programa electoral do Partido Popular. Agora, o PSOE, tamén facía a súa promesa electoral, traendo ó Ministro de Fomento Xosé Blanco, que chegaba anunciando un proxecto que consistiría na ampliación da área recreativa sobre o túnel de ferrocarril de Rapariz. Paco Fumega, e a súa candidatura recibiron a Blanco, ó que expuxeron esta actuación, que permitiía a ampliación desta zona de recreo, 4.000 m2 que contarían con zona de esparcemento e ocio, xardíns, e incluso espazos reservados para os autobuses escolares e prazas de aparcamento. Calculase que o investimento necesario será de máis dun millón de euros, según os socialistas. Este proxecto xa fora presentado fai 3 anos polo Alcalde Carlos Montes.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ministro-jose-blanco-fai-campana-electoral-no-carballino-en-apoio-candidatura-socialista
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-ministro-jose-blanco-fai-campana-electoral-no-carballino-en-apoio-candidatura-socialista
[3] whatsapp://send?text=O Ministro José Blanco fai campaña electoral no Carballiño en apoio á candidatura socialista http://copecarballino.es/novas/o-ministro-jose-blanco-fai-campana-electoral-no-carballino-en-apoio-candidatura-socialista
[4] http://www.copecarballino.es/print/42692