Desenrolado por coroa.es
Un tempo para cada equipo e os 3 primeiros puntos da liga para o Arenteiro no partido xogado no municipal de Espiñedo ante un C.D. Allariz que vendeu cara a derrota. No primeiro periodo o Arenteiro foi amo e señor do partido, o Allariz tirou o primeiro tiro a portería no minuto 43, antes, á media hora de partido Iglesias aprobeitou un balón co que se atopou dentro da área para facer o primeiro gol da tempada en Espiñedo, e tamén antes o Arenteiro tivera un par de ocasións para adiantarse no marcador.
Xa na reaunudación do partido, ós 10 minutos, o árbitro expulsou por doble amarela a Gabriel, e desde este momento o partido cambeou radicalmente, o Allariz pasou de dominado a claro dominador, adiantou con decisión as súas liñas e dispuxo de atá dúas oportunidades moi claras para igualar no marcador. Sen embargo, sería novamente Iglesias quen tería outra oportunidade para sentenciar o partido, pero non soubo definir ante o porteiro visitante. A 8 minutos para o final o Allariz tamén se quedaba con 10 xogadores por expulsión dun dos seus defensores, aínda asi o resultado estivo aberto atá o pitido final.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/un-gol-de-iglesias-ante-o-allariz-da-ao-arenteiro-primeira-victoria-da-liga
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/un-gol-de-iglesias-ante-o-allariz-da-ao-arenteiro-primeira-victoria-da-liga
[3] whatsapp://send?text=Un gol de Iglesias ante o Allariz da ao Arenteiro a primeira victoria da liga http://copecarballino.es/novas/un-gol-de-iglesias-ante-o-allariz-da-ao-arenteiro-primeira-victoria-da-liga
[4] http://www.copecarballino.es/print/42757
[5] http://www.copecarballino.es/image/cd-arenteiro-2011-2012