Desenrolado por coroa.es
O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición das mulleres de Boborás un medio de transporte gratuito para facilitarle o acceso dende o Concello de Boborás á Unidade de Exploración Mamográfica, situada na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, na Avda. de Zamora, 13 en Ourense, así como a viaxe de volta ao concello. O uso deste transporte non é obrigatorio polo que as mulleres que o desexen poden acudir polos seus propios medio á cita que se lle achega.
As veciñas de Boborás serán citadas a partir do 16 de novembro de 2011 a través de cartas.
Dependendo da hora na que teñan cita na Unidade de Exploración, poderán facer uso do mesmo, tendo en conta as paradas e horarios que figuran na seguinte táboa.
HORARIO DE AUTOBUSES
|
||
LOCALIDADES
|
1ª HORA |
2ª HORA |
O Regueiro (na parada de bus) |
7.10 horas |
10.10 horas |
Nogueira (na parada de bus) |
7.20 horas |
10.20 horas |
Feás (na parada de bus) |
7.30 horas |
10.30 horas |
Brués (no cruce da estrada de Feás) |
7.35 horas |
10.35 horas |
Pazos (na vila)
|
8.00 horas |
11.00 horas |
Almuzara (diante do bar Ramón
|
8.10 horas |
11.10 horas |
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/mulleres-de-boboras-citadas-para-exploracion-mamografica-teran-autobus-gratuito
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/mulleres-de-boboras-citadas-para-exploracion-mamografica-teran-autobus-gratuito
[3] whatsapp://send?text=As mulleres de Boborás citadas para exploración mamográfica terán autobús gratuíto http://copecarballino.es/novas/mulleres-de-boboras-citadas-para-exploracion-mamografica-teran-autobus-gratuito
[4] http://www.copecarballino.es/print/42816