Desenrolado por coroa.es
As últimas noticias sobre o estado de saúde dos feridos máis graves comezan a ser algo esperanzadoras. No caso concreto de Edelmiro Mateo parece confirmarse que está saíndo do pior momento, ao seu estado referíase esta maña o Secretario Xeral do PSdG Pachi Vázquez. Nun improvisado mítin electoral na rúa Principal comunicou aos presentes "unha das mellores noticias desta campaña electoral, que vai mellor o noso compañeiro Edelmiro e todos os afectados na traxedia que vivimos no Carballiño, por eso as primeiras verbas teñen que ser para pedir que o neno e os maiores, e o noso Edelmiro sigan mellorando, e sen botar as campás o vuelo, parece que colle mellor cara a cousa", asegurou o dirixente socialista.
Pola súa parte, tamén confirmaba esta melloría dos feridos o Alcalde do Carballiño "o rapaciño dentro da gravidade, xa non corre perigo. Edelmiro tén complicacións e ainda que acaso sexa o que está en pior situación, parece que xa con menos medicación está respondendo ben, o que non deixa de ser unha noticia esperanzadora". Marnotes confirmou, ademáis, que o resto dos feridos "manteñense estables no seu estado de saúde", e en canto os dous Policias Locais "Maricarmen xa está en planta, e Carbajal volveu a UCI, pero xa está fora de perigo, agora o que toca é mellorar", dixo.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/esperanzadoras-noticias-sobre-evolución-do-estado-de-saúde-dos-feridos
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/esperanzadoras-noticias-sobre-evolución-do-estado-de-saúde-dos-feridos
[3] whatsapp://send?text=Esperanzadoras noticias sobre a evolución do estado de saúde dos feridos http://copecarballino.es/novas/esperanzadoras-noticias-sobre-evolución-do-estado-de-saúde-dos-feridos
[4] http://www.copecarballino.es/print/42823