Desenrolado por coroa.es
O último Estudio General de Medios do ano 2011 dado a coñecer esta semana pon de manifesto que COPE O Carballiño ten cinco veces máis audiencia que a suma do resto das emisoras de radio das comarcas do Carballiño e o Ribeiro. Ademáis, en todo o ámbito da provincia de Ourense, a programación local de COPE O Carballiño, que se emite a diario entre as 12,30 ás 15 horas, consigue situarse na segunda posición do ranking provincial entre todas as emisoras que emiten programación xeneralista, incluidas as da capital da provincia.
O EGM, que se encarga da medición de audiencia das emisoras de radio, certificou que 11.000 ointes sintonizan a diario a programación da COPE nas Comarcas do Carballiño e o Ribeiro, polo que se afianza de forma destacada no liderazgo radiofónico comarcal en todas as franxas horarias, aínda que é no horario de mediodia, cando as distintas emisoras emiten a súa programación local, cando COPE O Carballiño concentra o seu maior número de oíntes. Nesa franxa horaria, de 13 a 15 horas COPE O Carballiño consigue, según o EGM, unha audiencia diaria de 6.000 oíntes, o que a convirte a esa hora nunha das emisoras locais con máis audiencia de toda Galicia.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-egm-afianza-o-liderazgo-radiofónico-de-cope-nas-comarcas-do-carballiño-ribeiro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-egm-afianza-o-liderazgo-radiofónico-de-cope-nas-comarcas-do-carballiño-ribeiro
[3] whatsapp://send?text=O EGM afianza o liderazgo radiofónico de COPE nas Comarcas do Carballiño - Ribeiro http://copecarballino.es/novas/o-egm-afianza-o-liderazgo-radiofónico-de-cope-nas-comarcas-do-carballiño-ribeiro
[4] http://www.copecarballino.es/print/42836