Desenrolado por coroa.es
O accidente produciuse a primeira hora da tarde na estrada N-541, a altura do Centro Comarcal do Carballiño, unhos metros máis adiante da fonte do Cornubal. O camión, que circulaba en dirección Pontevedra, saíuse da via pola marxe dereita e quedou envocardo sobre o talude, sen que se vise involucrado no accidente ningún outro vehículo. O conductor do camión, M.B.V, saíu ileso tralo accidente. O camión, con matrícula tractóra 6536FRS, propiedade dunha empresa pontevredesa, sufríu importantes desperfectos.
No operativo de emerxencia participaron efectivos do GRUMIR do Carballiño, asi como varias patrullas da Garda Civil e Policia Local, debido a incidencia no tráfico, xa que durante horas quedou só aberto a circulación un carril para poder levar a cabo as labores para o levantamento do camión, empregando grúas de gran tonelaxe. Os traballos prolongáronse áta pasadas as dez da noite, debido á complicada tarea, xa que o remolque do camión quedou encaixado entre a cuneta e o talude
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/sae-ileso-o-conductor-dun-camión-envorcado-na-curva-do-cornubal
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/sae-ileso-o-conductor-dun-camión-envorcado-na-curva-do-cornubal
[3] whatsapp://send?text=Sae ileso o conductor dun camión envorcado na curva do Cornubal http://copecarballino.es/novas/sae-ileso-o-conductor-dun-camión-envorcado-na-curva-do-cornubal
[4] http://www.copecarballino.es/print/42914