Desenrolado por coroa.es
A "Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non" critica o feito de que o Concello do Irixo non organice este ano actividades festivas con motivo do antroido. Ademáis, entende que a ausencia durante os dias do antroido do Alcalde Manuel Penedo, que delegou as competencias da Alcaldia no seu "Concelleiro-Tenente" é un anticipo do que fará "se logra impoñernos a incineradora, o vertedoiro e todo o que lle ordene Estéla Eólica, daquéla marchará definitivamente", afirman.
´´Él non lle quere ao Irixo, avergonzase de ser de aquí", manifestan desde a Coordenadora Veciñal nun extenso comunicado no tamén afirman que o Alcalde do Irixo "escápalle á burla popular, él tan valente que tildou ao Alcalde do Carballiño de cobarde por situarse ao lado dos seus veciños, ténlle medo á tradición, odia a cultura, representa a barbarie incivilizada".
Esta supresión do Antroido no Irixo "lembranos moito a condea dcretada contra o carnaval durante décadas por un tal Francisco Franco", chegan a comparar desde a "Coordenadora Veciñal Incineradora no Irixo Non" e rematan manifestando a súa intención de seguir "loitando contra os que queren converter esta terra na que nacemos -chea de posibilidades limpas- no basureiro do sur de Galicia".
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/coordenadora-veciñal-critica-supresión-do-antroido-no-irixo-e-afirma-que-o-alcalde-fuxe-porque
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/coordenadora-veciñal-critica-supresión-do-antroido-no-irixo-e-afirma-que-o-alcalde-fuxe-porque
[3] whatsapp://send?text=A Coordenadora Veciñal critica a supresión do antroido no Irixo e afirma que
[4] http://www.copecarballino.es/print/42926