Desenrolado por coroa.es
O local veciñal de A Lama, no Irixo acollerá o venres dia 24 de febreiro ás 20.00 horas un acto político no que o PSdeG presentará detalladamente o seu posicionamento en contra da instalación dunha planta incineradora de lixo na provincia de Ourense, así como a súa aposta polas políticas de reciclaxe e reutilización dos residuos.
No acto, aberto a todos os cidadáns, participarán o portavoz socialista neste concello, Javier Rodríguez, a secretaria de Organización Provincial, María Quintas, o portavoz na Deputación, José Ignacio Gómez, a deputada e secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, a deputada Laura Seara, e o senador Miguel Fidalgo, entre outros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psdg-organiza-un-acto-politico-no-irixo-para-explicar-súa-posición-en-contra-da-incineradora
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-psdg-organiza-un-acto-politico-no-irixo-para-explicar-súa-posición-en-contra-da-incineradora
[3] whatsapp://send?text=O PSdG organiza un acto politico no Irixo para explicar a súa posición en contra da incineradora http://copecarballino.es/novas/o-psdg-organiza-un-acto-politico-no-irixo-para-explicar-súa-posición-en-contra-da-incineradora
[4] http://www.copecarballino.es/print/42935