Desenrolado por coroa.es
A creación dun servizo de trens lanzadeira entre as estacións do Carballiño e Ourense, é unha das propostas que ven de presentar á Dirección de Renfe o Sindicato Federal Ferroviario da CGT.
O obxetivo da posta en marcha deste servizo sería facilitar aos cidadáns da Comarca do Carballiño un enlace diario cos trens AVANT con destino Santiago-A Coruña, asi como cos trens de longo recorrido que enlazan Ourense con Madrid e Barcelona. O Sindicato tamén propón a reducción das tarifas para o AVANT galego, ao considerar que non se trata dun servizo propio da alta velocidade, ao non superar os 220 km/hora.
Según se informa desde o Sindicato Federal Ferroviario da CGT, esta proposta para mellorar o servizo ferroviario desde O Carballiño foi presentada por escrito ante a Dirección de Renfe en Galicia e Madrid, que se comprometeron a estudiar esta posibilidade.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/propoñen-posta-en-marcha-de-trens-lanzadeira-entre-o-carballiño-e-ourense
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/propoñen-posta-en-marcha-de-trens-lanzadeira-entre-o-carballiño-e-ourense
[3] whatsapp://send?text=Propoñen a posta en marcha de trens lanzadeira entre O Carballiño e Ourense http://copecarballino.es/novas/propoñen-posta-en-marcha-de-trens-lanzadeira-entre-o-carballiño-e-ourense
[4] http://www.copecarballino.es/print/43029