Desenrolado por coroa.es
A presentación dunha única candidatura nas eleccións para renovar o pleno do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea evitou que os panadeir@s tivesen que acudir á urna.
O proceso posto en marcha pola Consellería do Medio Rural e do Mar rexistrou unicamente a presentación da candidatura "Elaboradores Independientes de Cea", na que figuran como vogais Carlos Manuel Rodríguez, José Luis Calviño, Josefa Barrosa e María José Reboredo, e como suplentes, completan a candidatura Manuel Martínez e María Jesús Mosquera. Os cinco primeiros xa viñan formando parte do Consello Regulador, ao que agora se suma María Jesús Mosquera.
Ao presentarse unha única candidatura, a xunta electoral procedeu a súa proclamación. Agora, os vogais electos deberán elexir o Presidente e Vicepresidente do Consello. Terán un mandato de 4 anos ao fronte da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/continuidade-no-equipo-directivo-do-consello-regulador-da-ixp-pan-de-cea
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/continuidade-no-equipo-directivo-do-consello-regulador-da-ixp-pan-de-cea
[3] whatsapp://send?text=Continuidade no equipo directivo do Consello Regulador da IXP Pan de Cea http://copecarballino.es/novas/continuidade-no-equipo-directivo-do-consello-regulador-da-ixp-pan-de-cea
[4] http://www.copecarballino.es/print/43034