Desenrolado por coroa.es
O grupo municipal socialista entende que despois dun ano de goberno do Partido Popular "o único que se fixo foi empeorar a situación e vanagloriarse de non haber aplicado a ORA".
Recordan os socialistas que a implantación a ORA era unha "demanda da Asociación de Comerciantes do Carballiño e do Centro Comercial Aberto, polo que estaría ben que se houbera aportado algunha outra proposta alternativa".
Tamén critican desde o PSdG a interpretación que se fai da ordenanza de carga e descarga "proposta polo daquéla concelleiro de tráfico do grupo socialista José Antonio Barge, e aprobada co apoio dos tres grupos políticos e que non obstante o Partido Popular tardou trece meses en aplicar, polo que agardamos que dunha vez se faga de forma rigorosa e seria", manifestan.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-solucions-para-situacion-do-trafico
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/os-socialistas-piden-solucions-para-situacion-do-trafico
[3] whatsapp://send?text=Os Socialistas piden solucións para
[4] http://www.copecarballino.es/print/43064