Desenrolado por coroa.es
Trátase dunha peza artística da que é o seu autor o escultor Acisclo Novo, mostra na súa base unha tallada de polbo da que sae un "palillo" de grandes dimensións no que pode lerse "festa do pulpo, O Carballiño, 2º domingo de agosto".
A idea expresada polo Alcalde do Carballiño é "que esta escultura sexa unha imaxe permanente da festa do pulpo, que sexa visible durante todo o ano como reclamo do noso patrimonio gastronómico e cultural, naqules sitios máis visibles, é unha peza que lucirá moi ben ás portas dos establecentos da nosa vila", dixo Marnotes.
O escultor e veciño de Viduedo, Acisclo Novo, referíuse á festa do polbo "na que se degusta o plato maís democrático, onde o estudiante se xunta có comerciante e o político coa ama de casa e todo o mundo come o pulpo da mesma maneira, a festa é algo que está dentro do ADN social e cultural do Carballiño", ésta é precisamente -dixo- a idea e a enerxía que pretende transmitir esta peza " a enerxía da solidariedade e a idea de que todos podemos xuntos pasar un bó rato".
A "tallada" está feita en poliester e madeira de freixo policromada. Os hosteleiros, comerciantes, empresarios e veciños interesados poderán adquiríla a un prezo de 412 euros.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/apadrina-unha-tallada-pretende-dotar-de-identidade-festa-do-pulpo
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/apadrina-unha-tallada-pretende-dotar-de-identidade-festa-do-pulpo
[3] whatsapp://send?text=
[4] http://www.copecarballino.es/print/43065