Desenrolado por coroa.es
Dunha parte, o pleno da corporación carballiñesa, e doutra o consello da Xunta, aprobaban de forma practicamente simultánea o convenio entre ambas administraccións para realizar as obras da praza da Veracruz.
O acordo da continuidade ás obrigas asumidas polo executivo autonómico no convenio asinado en 2006 e actualiza e regula o marco xurídico-administrativo, unha vez que o proxecto inicialmente previsto foi obxeto dunha reforma, tras ser paralizado o mesmo pola alta contestación social que suscitou entre a poboación carballiñesa.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraesctruturas, ten orzamentado un importe para a execución das obras que ascende a 1,2 millóns de euros, dos que algo máis de 775.000 xa están executados. A cantidade restante, algo máis de 430.000 euros, están contemplados nos orzamentos de 2012.
Este novo convenio regula as bases de colaboración e cooperación técnica e económica, entre Xunta e Concello, en substitución do acordo asinado o 11 de setembro de 2006, que finalizou na súa vixencia o 31 de decembro de 2011.
Ambas partes comprometense ao inminente reinicio das obras, que teñen como obxetivo a urbanización neste espazo que rodea ao templo da Veracruz..
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-consello-da-xunta-e-corporacion-municipal-aproban-o-convenio-para-execucion-da-obra-na
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-consello-da-xunta-e-corporacion-municipal-aproban-o-convenio-para-execucion-da-obra-na
[3] whatsapp://send?text=O Consello da Xunta e a Corporación Municipal aproban o convenio para a execución da obra na contorna da Veracruz http://copecarballino.es/novas/o-consello-da-xunta-e-corporacion-municipal-aproban-o-convenio-para-execucion-da-obra-na
[4] http://www.copecarballino.es/print/43114