Desenrolado por coroa.es
A muller presentouse nas dependencias municipais "coa idea de non abandonalas e pemanecer en folga de fame ata que se entere España enteira e mentres non solucionen o problema".
Lidia Duro, de 75 anos de idade, afirma que en reiteradas ocasións ven advertindo aos responsables municipais desta problemática "a finca sigue sen limpar e a vivenda corre perigo, como ocorreu o 15 de setembro cando se rexistrou un incendio forestal que de non ser polos 3 camións de bombeiros que viñeron, ardía todo, a nós dixeronos no catastro que a finca non tiña dono coñecido e que tiña que ser o Alcalde quen nos solucionese esto, pero non acaban de facélo", manifestou. A muller considera que o concello é responable da situación e que a súa vivenda está en perigo de orixinarse un lume na zona, xa que o terreo continúa sen desbrozarse.
O Alcalde, Argimiro Marnotes, explicou que desde o concello "temos feito todo o posible para atender esta denuncia, estamos facilitandolle información diaria a esta familia, o que sucede é que neste caso atopámonos cun titular da finca recentemente falecido, e tras as xestiós feitas xa están localizados e notificados os 2 propietarios das parcelas afectadas, teñen 15 dias para desbrozar e limpar, e ata que se cumpla ese prazo o concello non pode entrar nas fincas, porque estariamos delinquindo".
Marnotes salientou que agás casos puntuais a maioria dos veciños cumplen coa normativa "unhas 1.500 fincas foron este ano desbrozadas polos seus propietarios en todo o ámbito municipal, é un dato importante porque nunca antes se desbrozara tanta superficie como este ano", subliñou.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-vecina-da-rua-maside-manifestase-no-concello-para-esixir-que-se-cumpla-normativa-anti
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/unha-vecina-da-rua-maside-manifestase-no-concello-para-esixir-que-se-cumpla-normativa-anti
[3] whatsapp://send?text=Unha veciña da rúa Maside manifestase no concello para esixir que se cumpla a normativa anti-incendios http://copecarballino.es/novas/unha-vecina-da-rua-maside-manifestase-no-concello-para-esixir-que-se-cumpla-normativa-anti
[4] http://www.copecarballino.es/print/43138