Desenrolado por coroa.es
Asi o confirmaron os responsables municipais. O investimento do Obradoiro de Emprego será de 250.000 euros, dos que o concello deberá aportar algo máis de 20.000 euros.
O proxecto, financiado pola Xunta e elaborado pola Área de Industria e Promoción de Emprego do concello carballiñés comezará a desenvolverse no mes de Decembro, antes deberá poñerse en marcha o proceso de selección do persoal, monitores e alumnos, en total serán 24.
Durante 6 meses, desenvolverán traballos de forxa e xardineiría, cada unha destas actividades contará cun módulo de 8 alumnos. Os traballos de forxa centraránse na execución dunha pérgola ornamental que se instalará na Praza do Emigrante, a xeito de refuxio para o sol e a choiva, mentres que o módulo de xardineiría desenvolverá a súa actividade nas zonas axardinadas e o parque municipal.
Ademáis, o Obradoiro contará cun módulo de Atención Socio-Sanitaria, que se incluíu neste proxecto en atención a gran demanda que existe para a formación de profesionais para este sector.
Ligazóns
[1] https://www.facebook.com/sharer/sharer.php?u=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-terá-un-obradoiro-de-emprego-partir-de-decembro
[2] https://twitter.com/home?status=http%3A//copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-terá-un-obradoiro-de-emprego-partir-de-decembro
[3] whatsapp://send?text=O Concello do Carballiño terá un Obradoiro de Emprego a partir de Decembro http://copecarballino.es/novas/o-concello-do-carballiño-terá-un-obradoiro-de-emprego-partir-de-decembro
[4] http://www.copecarballino.es/print/43161